ANEIROS, ROSA

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, " Eu de maior quero ser " , á que seguiron " Corazóns amolecidos en salitre " (2002); " Resistencia " (Xerais 2003), Premio Arcebispo San Clemente, 2003; " O xardín da media lúa " (2004); " Veu visitarme o mar " (Xerais 2004); " Ás de bolboreta " (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil, 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; " Sol de Inverno " (Xerais 2009), Premio Xerais de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias á Mellor portada de adultos, 2009; e a triloxía " Ámote Leo A. Destino xalundes " (Xerais 2013), " Ámote Leo A. Estación de tránsito " (Xerais 2014) e " Ámote Leo A. Terminal de chegadas? " (Xerais 2014). Publicou na colección Merlín " A batalla da pequena Chañan Curi Coca " (Xerais 2017).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: